Normas de uso do sistema de préstamo de bicicletas no Concello de A Coruña:

1. Destinatarios

O servizo de préstamo de bicicletas está dirixido a persoas maiores de idade, se ben os menores con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos poderán disfrutar do sistema previa autorización expresa e responsabel dalgún dos seus pais ou tutores legais. Os menores de 16 anos deberán utilizar con carácter obrigatorio casco de protección, sendo ademais recomendable que os menores de 16 anos señan acompañados por un adulto; sendo responsables os seus titores legais.

Queda expresamente prohibido a alta e utilización do servizo a menores de 14 anos.

2. Marco legal

O usuario declara coñecer e aceptalas presentes normas de uso e estar capacitado para a conducción de bicicletas.

En todo o non previsto por estas normas estarase ó disposto na Ordeanza Municipal de Circulación (publicada no B.O.P. nº 119 de 27 de maio de 2003), Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridad Vial, e demais normativa sobre tráfico e condución de vehículos que o usuario se compromete a cumprir.

3. Empresa municipal xestora do servizo de préstamo de bicicletas

A Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades, S.A.U. (EMVSA) é a empresa que xestiona o servizo por acordo do Pleno do Concello de A Coruña de 1 de decembro de 2008. Os datos de contacto desta empresa son os seguintes:

  • Dirección: Cl. Manuel Murguía s/nº. Edificio Casa da Auga, 1ª planta. 15011. A Coruña.
  • Teléfono: 981 910 460
  • Correo electrónico: contacto@bicicoruna.gal;
  • www.emvsa.es
  • Horario de atención ó público: Luns a venres de 09:00 a 13:30 horas, con cita previa

4. Puntos de préstamo das bicicletas

Existen trinta e dous puntos de préstamo de bicicletas na cidade, nos que poderán retirarse e depositarse, indistintamente, as bicicletas; estando previsto a instalación doutros vinte e tres puntos de préstamo ao longo dos próximos meses.

Estes puntos son os seguintes:

Estación de autobuses. Estación de ferrocarril. Mirador dos Castros. Obelisco. Palexco. Torre de Hércules. Aquarium Finisterrae. Torre Millennium. Praza de Pontevedra. Casa del Agua. Praza de Tabacos. Praza de Vigo. Os Rosales (Rúa Emilio González López). Matogrande (Rúa Sebsatian Martínez Risco). Campo de Marte (Rúa La Torre). Casa del Sol. Praza de las Conchiñas. Plaza de las Atochas. Praza de San Rosendo.  Paseo de los Puentes. Centro Cívico Monelos. Puerta Real. CD. Castrillón. Praza de Portugal. Parque de Santa Margarita. Avenida de Arteixo. Rosales-Labañou. Parque del Agra. Orillamar. Ciudad Escolar. Adormideras. Rúa Pablo Picasso.

5. Disponibilidade do servizo

O horario do funcionamento e de atención o usuario será o seguinte:

Luns a domingo de 07:00h a 01:00h. Tendo en conta que o servizo de reposición de bicicletas e atención o usuario está operativo de 7:30h a 22:30h (fora deste horario non se recolocan as bicicletas nin está operativo o teléfono gratuito de atención ao usuario).

Non se prestará o servizo de reposición de bicicletas e atención o usuario os días 1 e 6 de xaneiro e 25 de decembro, ademais os días 24 e 31 de decembro e o 5 de xaneiro prestarase o servicio con reposición de bicicletas e atención o usuario e ate as 14:00 horas.

O tempo gratuito na subscrición anual de utilización da bicicleta mecánica é de 60 min e da bicicleta eléctrica e de 20 min (60 min. gratuitos ata o 31 de decembro de 2023). Despois de transcorridos 10 minutos desde a devolución volverá dispoñer do mesmo período gratuíto segundo o tipo de  bicicleta. En caso de superación deste prazo, aplicaranse as tarifas ou penalizacións correspondentes. Pode consultar as tarifas no cadro correspondente.

O servicio poderá ser suspendido total o parcialmente por causas de forza maior (climatolóxicas, obras, eventos deportivos, espectáculos...).

6. Declaración de alta como usuario

Os interesados en desfrutar do sistema de préstamo de bicicletas deberán previamente darse de alta como usuarios do sistema, ben na páxina web www.bicicoruna.gal, APP Bicicoruna, ou mas oficinas da empresa xestora do servizo en horario laboral de 09:00 a 13:30 horas, con cita previa.

O custo da cuota da alta e mantemento do servizo anual e de 40€/ano, e a do dereito de uso ocasional de 10 €/mes.

O uso da tarxeta Millenium e persoal e intransferible. O usuario comprométese á conservación e bo uso do sistema.

7. Baixa do servizo

A renovación do abono anual é automática transcorrido o ano de utilización, salvo que o usuario indique o contrario no seu perfil. A cuota de alta non e recuperable. Os usuarios do abono anual poderán darse de baixa do servizo, comunicándoo polo mesmo medio no que se deu de alta, un mes antes da finalización do abono.

O abono de uso ocasional non se renova automáticamente, salvo que así o solicite o usuario.

8. Coste do servizo

Pode consultar as tarifas vixentes, que se actualizarán cada 1 de xaneiro dacordo co IPC.

9. Obrigas do usuario

O usuario é o único responsábel da bicicleta tomada en préstamo, así coma dos danos que poida causarse polo seu uso, a si mesmo, a terceiros, ou a calquera ben moble ou inmoble como consecuencia da utilización normal ou anormal do servizo, quedando a empresa xestora exonerada de calquera responsabilidade por elo; por tanto recoméndase ao usuario a subscrición dun seguro que lle cubra ante calquera eventualidade . O usuario asume as seguintes obrigas de uso:

  • Usalo servizo dentro do termino municipal do concello de A Coruña. Non se pode saír coa bicicleta fose do termo municipal.
  • Usala bicicleta co máximo coidado e respecto, debendo destinala unicamente para seu transporte persoal como medio de mobilidade.
  • Mostrar a súa identificación aos operarios do servizo para que poidan comprobar que é un usuario dado de alta no servizo.
  • Custodiala bicicleta durante o tempo de uso asumindo sua restitución no mesmo estado na que lle foi entregada, razón pola que deberá facer un uso dilixente da mesma tomando as medidas oportunas para evitala pérdida, roubo ou deterioro.
  • Comprobar que a bicicleta está en condiciones normais de uso antes de proceder a súa retirada, se detecta algunha anomalía pedímoslle a súa colaboración e pode comunicalo ao servizo de mantemento a través dun botón no posto onde se atopa a bicicleta.
  • Asegurarse do correcto ancoraxe da bicicleta ó punto de estacionamento, a luz LED da estación debe estar en cor verde, para maior seguridade pode comprobar na APP que o traxecto xa está pechado.
  • Comunicarlle á empresa xestora do servizo calquera incidente que se produza na bicicleta (avaria, accidente, roubo, etc.), así mesmo deberá comunicar a perda ou roubo da súa tarxeta de usuario.
  • Prohíbeselle ó usuario prestar, alugar ou ceder a terceiros a bicicleta e/ou a tarxeta de usuario.
  • Prohíbese o desmontase e/ou manipulación parcial ou total da bicicleta.
  • Prohíbese a utilización da bicicleta para usos comerciais, salvo permiso expreso da xestora.
  • Prohíbese o uso da bicicleta en terreos ou en condiciones inapropiadas para elo como escaleiras, campos de terra, etc.

10. Infraccións

Infraccións leves: -Non custodiar adecuadamente a bicicleta durante o período de préstamo da mesma.

Infraccións graves: -A utilización da bicicleta fóra dos límites do Concello da Coruña, ou fóra dos horarios de uso do sistema. -Prestar ou alugar a bicicleta a terceiras persoas. - Utilizar a bicicleta con máis dun pasaxeiro. -Non comunicar calquera dano ou accidente que ocorra durante o uso da mesma.

Infraccións moi graves: -Utilizar a bicicleta con ánimo de lucro ou fins comerciais, sen o permiso expreso da xestora. -Non presentar a denuncia en caso de roubo. -Utilizar os menores de 16 anos as bicicletas sen cascos de protección. -Non mostrar a súa identificación como usuario do servizo -A reiteración de infraccións menores.

11. Sancións

• Aos usuarios que cometan infraccións leves, a empresa xestora do servizo poderá impoñer unha sanción de 5 días completos de suspensión do servizo e unha sanción económica de 50€.

• Aos usuarios que cometan infraccións graves, a empresa xestora do servizo poderá impoñer unha sanción de 15 días de suspensión do servizo e unha sanción económica de 150 €.

• Aos usuarios que cometan infraccións moi graves, a empresa xestora do servizo poderá impoñer unha sanción de 30 días de suspensión do servizo e unha sanción económica de 300 €.

12. Danos e prexuízos

O usuario autoriza á empresa xestora do servizo a cobralos importes dos danos que se puideran infrinxir ó sistema polo uso neglixente do mesmo, tanto por acción coma por omisión. Así mesmo, a empresa xestora do servizo poderá reclamar pola vía xudicial ordinaria os danos e prexuízos que o usuario houbera ocasionado.

13. Reclamacións

Para calquera reclamación sobre as condiciones e circunstancias que afecten á prestación do servizo, o usuario deberá dirixirse á empresa xestora do servizo. Existen a disposición do usuario follas de reclamación.

14. Tratamento confidencial de datos

De acordo co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, o usuario consente a cesión dos seus datos de carácter persoal para o seu tratamento por parte de EMVSA para a xestión do servizo, sen prexuízo do dereito que lle asiste para acceder, rectificar, cancelar e opoñerse, en calquera momento, ao tratamento dos seus datos dirixíndose por escrito (acreditando a súa identidade) a: Empresa Municipal Vivenda, Servizos e Actividades, S.A.U., en CL. Manuel Murguia, s/n (Edificio Casa da auga, 1º planta), 15011 – A Coruña, ou mediante correo electrónico a dpo@emvsa.es. A empresa xestora do servizo comprométese á non utilización dos datos incorporados aos arquivos xerados no sistema máis aló do propio uso derivado da prestación do servizo e comunicacións comerciais entre o prestatario do servizo e o usuario. Os datos serán tratados durante o tempo necesario para a prestación dos servizos ou ata a petición de cesamento do seu tratamento.

ATENCIÓN AO CLIENTE 900 814 440  contacto@bicicoruna.gal